Ir al contenido

Biblioteca de la Universidad Complutense de Madrid

Viernes, 13 de diciembre de 2019

Inicio | ¿Quiénes somos? | Editar mi portal

Contos de Nadal (2003)

Vigo, Xerais, 2003

 

Oito contos de nadal reunidos nun volume singular, de grande formato e encadernación acortonada, que constitúe un feito único na edición en lingua galega. A recuperación do clasicismo narrativo do conto emotivo, que frecuentara Emilia Pardo Bazán, transformado por Manuel Rivas en neons de emoción, reinventadas visualmante por Miguelanxo Prado. O diálogo expansivo entre estas dúas miradas sensibles converten a este libro nunha buguina de esperanza. Oito historias acontecidas nos días de nadal, imaxes dunha realidade luxada pola incerteza do noso tempo e transformadas pola alquimia da memoria.

  • "O namorado de María" ou a peripecia dos tres Magos que queren inventar a verdade a bordo dun coupé packard, circulando por un país condenado á insuficiencia respiratoria.
  • "Madonna" ou a crónica emocionante dunha rapaza de cuarto de ESO, magoada polo mal das vacas tolas que afecta a unha das vacas da súa granxa o día de Noiteboa.
  • "O partido de Reis" ou a proeza de Félix, ese mozo con síndrome de Down, que consegue pasar a raia estremecendo aos seus compañeiros de equipo que desputan un encontro cos das Casas Baratas.
  • "O amor das sombras" ou o camiño que percorre na Noiteboa, acompañado do seu can, o vello solitario na procura da namorada da súa memoria.
  • "A barra de pan" ou a sorprendente narración de como o Chanel comeu unha alma, transformada en barra de pan naqueles tempos da fame e da cartilla de racionamento.
  • "O carteiro de Papá Noel" ou a experiencia de quen traballou ao servizo duns grandes almacéns e comprobou abraiado que naquela noite había moita felicidade que repartir.
  • "Okay" ou a traxedia do naufraxio na Noiteboa do Begonia, o mellor buque do Gran Sole, provocado por un maldito golpe de mar.
  • "A chegada de Ingrid" ou o recordo do regreso de Alemaña dun dos compoñentes daquel curioso Dúo Dinámico, que trouxo na maleta Ingrid, a moneca que falaba da súa soidade e expresaba o desexo de ser amado.

Género al que pertenece la obra: Narrativa
Bookmark and Share

Comentarios - 0

No hay comentarios.


Escritores complutenses 2.0. es un proyecto del Vicerrectorado de Innovación de la Universidad Complutense de Madrid
Sugerencias