Ir al contenido

Biblioteca de la Universidad Complutense de Madrid

Miércoles, 21 de agosto de 2019

Inicio | ¿Quiénes somos? | Editar mi portal

Unha espía no reino de Galicia (2004)

Vigo, Xerais, 2004

 

Tras "Galicia. Galicia", Manuel Rivas ofrece neste libro unha nova xeografía galega que consta de catro lugares comunicados por camiños no tempo e no espazo: "Galicia contada a un extraterrestre", amplo informe dirixido a un alien, chamado Golf Oscar Delta, sobre os hemisferios da Galicia de hoxe; "A espía (Iª volta)" e "A espía (IIª volta)", informes das pesquisas dunha espía enviada a investigar os segredos do país dos galegos; e "O blog de rumbar", anotacións nun caderno electrónico sobre o tempo presente. Un xornalismo que propón a rebelión do humor. Unha obra salgada na ironía e cun chisco de saudade que aposta pola rebelión contra o "estado de excepción mental", o dominio do partido conformista e o imperio do absurdo e o baleiro. Un libro que concibe Galicia como célula nai, como matria, como almeiro, como lugar de encontro continental e transatlántico.

Género al que pertenece la obra: Ensayo literario
Bookmark and Share

Comentarios - 1

replica handbags

1
replica handbags - 25-07-2016 - 10:07:08h

Un libro que concibe Galicia como célula nai, como matria, como almeiro, como lugar de encontro continental e transatlántico.


Escritores complutenses 2.0. es un proyecto del Vicerrectorado de Innovación de la Universidad Complutense de Madrid
Sugerencias