Ir al contenido

Biblioteca de la Universidad Complutense de Madrid

Martes, 29 de septiembre de 2020

Inicio | ¿Quiénes somos? | Editar mi portal

Sexismo e linguaxe (2012)

Artículo publicado en La Voz de Galicia (8 de marzo)

 

Un reputado lingüista, académico da RAE, publica un informe criticando as guías de linguaxe non sexista publicadas por diversas institucións. De inmediato replican persoeiros do mundo da cultura e da política. O problema que se debate é que as actuais regras gramaticais, defendidas pola Academia e por moitos escritores, non responden á necesidade que sinte gran parte da sociedade de dar visibilidade ás mulleres mediante a lingua. Por exemplo, a utilización do masculino para representar aos dous sexos: un profesor di na clase: «Agora todos os alumnos deben saír ao patio». Os nenos saen e as nenas fican sentadas; non se senten aludidas pola orde.

Na vida ordinaria o problema resólvese con sentido común, pero á hora de expresarse por escrito a cousa non é tan sinxela: o uso de expresións como «nenos e nenas, calados/as, sentados/as... aterroriza a quen pretende facer unha obra artística.

Pedirlle aos gramáticos da Academia que resolvan o problema é pedir peras ao olmo: Nin é a súa función nin saben facelo. A Academia «fija, limpia y da esplendor». Só recolle aquilo xa confirmado polo uso social. Pero si hai que pedirllo aos escritores, sobre todo aos que se sentan na douta casa. Innovar a lingua, transformala para que reflicta a realidade da vida, responder ao que comeza a ser un clamor social, debería ser labor seu. Así que menos bromas cos ourizos e as ourizas, cos soldados e as soldadas, e máis traballar.

Género al que pertenece la obra: Periodismo literario
Bookmark and Share

Comentarios - 1

prestamos rapidos online

1
prestamos rapidos online - 30-11-2016 - 15:23:33h

gracias por compartir


Escritores complutenses 2.0. es un proyecto del Vicerrectorado de Innovación de la Universidad Complutense de Madrid
Sugerencias