Breve reflexión sobre a situación do galego, lingua que esmorece a pasos de xigante o cal non debería de acontecer nin a pasiños de galiña. ¿As causas?: os trocos sociais e económicos na Galiza, e o abandono en que o deixa a clase política e os mesmos galegos, sobre todo os máis novos. Isto último é o pior. Porque sen a transmisión interxeracional a lingua está sentenciada. A xente xoven non fala nin o que aprenden na escola ou onde sexa. A súa competencia lingüística é pésima, e inda por riba tanto lles ten. Pero deixar morrer a túa lingua é como deixar finar á túa nai. Ou matala.
Si, moitos xornais publicaron o texto: La Voz de Galicia [Coruña], El Correo Gallego [Compostela], El Progreso [Lugo], La Región [Ourense], Atlántico Diario [Vigo] e o Faro de Vigo. Iso está moi ben, pero as palabras nada arranxan. Fan falla feitos. Feitos contundentes e decididos. Tomar exemplo dos cataláns, da sua lei de normalización lingüística e da súa actitude cara ao idioma.
Penduro eiquí o texto publicado por Sermos Galiza, xornal dixital. ¿O motivo? Porque respectou o orixinal tal e como foi escrito polo autor. Pódese ler premendo no link "versión web".
Todas as linguas, independientemente do seu número de falantes ou do seu "prestixio" social, teñen que protexerse, promocionarse e poñerse en valor. Aínda que non son suceptibles de valoración pecuniaria. Como tamén non o son as vidas humanas.