Se reflexionamos con detemento saberemos que os verdadeiros heroes son aquelas persoas que posibilitan que un poida tomar o autobús ou o metro cada cinco ou dez minutos, que fan factíbel que cando pola noite deixamos o lixo no contedor xa non estea alí á mañá seguinte,
que nos permiten que ao ir ao quiosco poidamos comprar os xornais do día, ou que ao pulsar o interruptor da luz acéndase a lámpada do salón da nosa casa.