A nosa existencia, como a de todo ser vivo, é unha dura loita. Os animais, sobre todo os mamíferos, están dotados dun sofisticado sistema inmunitario que cando detecta a nosa presenza aniquílanos sen compaixón.
Temos que burlalo e lograr propagarnos dun individuo a outro; en caso contrario fenecemos e extinguímonos.